Apoia co teu voto as propostas de CCOO na nova Oficina xudicial
A condición básica que impuxo CCOO ante a implantación da nova Oficina xudicial foi a sinatura dun preacordo –do que xa acadamos un primeiro borrador pendente de negociación- que garanta os concursos anuais a nivel estatal; a Oferta de Emprego Público a nivel estatal; unha estrutura retributiva única e a reserva de función dos funcionarios de Xustiza. E, ademais, os dereitos dos traballadores no marco da NOX:
• Nos Servizos Comúns: Diferenciación por seccións o/ou equipos tanto das funcións como dos postos e traballo. Con iso, cada traballador poderá optar a un posto de traballo dunha sección concreta de calquera Servizo Común e evitarase a mobilidade discrecional dunha sección a outra.
• Nas UPAD: Diferenciación por xurisdición e garantía de que un traballador poderá optar a unha praza concreta de cada xurisdición.
• Nas Unidades Administrativas: Garantía de que os seus postos serán cubertos exclusivamente por persoal da administración de Xustiza.
• Garantías retributivas: Que aseguren, non só a continuidade das retribucións actuais, senón tamén o incremento do complemento específico para todos os postos xenéricos e singularizados e que non haberá diferenzas retributivas naquelas prazas con funcións e tarefas simi-lares.
• Garantías laborais:
No proceso e axuste: Que garante a voluntariedade nos procesos de acoplamento e evite calquera intento e amortización de prazas nin por corpos nin por localidade.
No proceso de implantación que garante:
Adecuados proxectos de formación e de avaliación de riscos laborais.
Descrición detallada nas RPT, das tarefas concretas de cada posto.
Asignación voluntaria dos horarios especiais.
Negociación das modificacións no sistema de gardas.