Eleccións sindicais. Os nosos compromisos (II)


3 mar 2011



En defensa das nosas condicións de traballo e dereitos laborais


Xulgado de violencia da Coruña
• Por unha Oferta de Emprego Público (OEP) anual, con todas as prazas vacantes e de reforzo de máis de seis meses. Non á restrición ou limitación de convocatorias de OEP, especialmente en prazas de nova creación

• Polo descanso diario de 12 horas continuadas entre cada xornada de traballo

• Defenderemos o sistema de concurso oposición, tamén na quenda libre

• Regulación das compensacións horarias para corrixir os incrementos de xornada por horarios especiais, gardas, dilixencias fóra do horario habitual por “necesidades do servizo”

• Por unha nova regulación do sistema de gardas, sobre todo as de permanencia (cunha duración de tres días, en lugar dos oito días actuais) e dispoñibilidade, e unha nova regulación das libranzas

• En defensa da convocatoria de concurso de traslado anuais e con resultas, de carácter estatal, con todas as prazas vacantes

• Pola negociación con criterios obxectivos e de igualdade das comisións de servizo para acabar co sistema clientelista actual

• Defenderemos a convocatoria de concursos de traslado a resultas para o corpo de secretarios

• Oporémonos a calquera intento de privatización e/ou externalización de servizos e funcións na administración de Xustiza así como a entrada das ETT, defendendo as contratacións de persoal interino conforme ao sistema de bolsas reguladas e negociadas

• Defenderemos con firmeza o mantemento dos postos de traballo nos Rexistros Civís e xulgados de paz


En defensa da nosa carreira profesional


• Por unha efectiva reserva do 50% de prazas para a promoción interna e a súa cobertura

• Eliminación do carácter selectivo do curso en prácticas e a súa substitución por unha verdadeira formación práctica no posto de traballo adxudicado

• Supresión dos exames orais

• Participación sindical en todos os tribunais nomeados para os procesos selectivos

• Debe desaparecer calquera regulación ou intento de discriminación entre os traballadores ao servizo da administración de Xustiza, entre corpos, entre funcionarios de carreira e funcionarios interinos

• Por unha convocatoria anual obrigatoria por promoción interna, aínda que non se convoque a OEP nun ano concreto.

• Pola oferta de prazas de 2ª categoría aos aprobados do corpo de secretarios xudiciais