Consulta da escala xerárquica dos corpos xerais


23 feb 2011


Publicado na intranet xudicial

Comunícase que os funcionarios de carreira dos corpos (e escalas a extinguir) de xestión procesual e administrativa, de tramitación procesual e administrativa e de auxilio xudicial poden consultar dende Web Aix (portal do empregado público de Xustiza) os datos da escala xerárquica remitidos polo Ministerio de Xustiza (o número e datos de antigüidade refírense á situación administrativa o día 31 de outubro de 2010).

Con data 7 de febreiro de 2011 a Subdirección Xeral de Medios Persoais ao Servizo da Administración de Xustiza, do Ministerio de Xustiza, asinou unha comunicación na que se insta ás comunidades autónomas a facilitaren os ditos datos, permitindo só o acceso, mediante usuario e contrasinal, aos funcionarios destinados no seu ámbito territorial.

Atendendo á dita solicitude eses datos están dispoñibles dende hoxe para o persoal dos corpos xerais ao servizo da Administración de xustiza destinado en Galicia.

En todo caso, a iniciativa é do dito órgano do Ministerio de Xustiza e calquera incidencia ou reclamación fronte aos datos publicados deberá realizarse ante os órganos do Ministerio de Xustiza, a través do procedemento que o Ministerio defina.

As reclamacións deberánse remitir ao Ministerio de Justicia Subdirección General de Medios Personales al Servicio de la Admón. de Justicia - Despacho 220 Número Fax: 913904295