Galego cero


18 feb 2009


Feb18
En dous debates do PP, PSdeG e BNG, 142 erros

 

Publicado en www.laopinioncoruna.es

letra-g500 

PLÁCIDO LIZANCOS

Opasado día 11, mércores, ás 22.15 h os representantes das tres forzas políticas expuxeron e defenderon as súas propostas electorais na TV galega, que con toda obxectividade expoñemos aquí, neste cadro de honra:

Alfonso Rueda (secretario xeral do PP de Galicia):

1. estemos (por esteamos), 2. o digo (por dígoo), 3. o veremos (por verémolo), 4. recientemente (por recentemente), 5. vai a ver (por vai ver), 6. a min me gustaría (por gustaríame), 7. voulle a falar claro (voulle falar), 8. eso (iso), 9. moi oscura (moi escura), 10. e lla pedimos nós (por pedímoslla nós), 11. lla pedín a prensa (por pedínlla), 12. si se saben facer (por se se saben), 13. lle discuto (por discútolle), 14. unha imaxen (por unha imaxe), 15. liderazgo (por liderado), 16. sin ser realista (sen ser realista), 17. alguen (é) (por alguén), 18. sinceiro (por sincero), 19. llas respondo eu (por repóndollas), 20. guarderías (por garderías), 21. mañán (por mañá). 22. eu lle reto (por rétoo), 23. a semán pasada (por a semana), 24. (a) iba mandar (por íaa mandar), 25. o vou interrumpir (por vouno interromper), 26. e as vamos a empezar (por ímolas empezar), 27. lle recordo (por recórdolle), 28. nos nos vamos a dedicar (por ímonos dedicar), 29. combatir o paro (por combater), 30. unha crisis (por unha crise), 31. austeridad (por austeridade), 32. se poden crear (por pódense), 33. convertirse (por converterse), 34. Galicia se xoga (por xógase), 35. en manos de quen (por en mans de), 36. e o vamos asumir (por e vámolo), 37. con lealtade (por lealdade), 38. lle fan falta líderes (por fanlle falta).

Total 38 erros. NOTA suspenso.

Ricardo Varela (conselleiro de Traballo. Vicesecretario xeral do PSdeG):

1. vai a ser (por vai ser), 2. escomenzar (por comezar), 3. eso (por iso), 4. a todos os (mal pronunciado por "tódolos"), 5. tíñamos (por tiñamos), 6. se fixo (por fíxose), 7. donde (por onde), 8. cun un orixen (por cunha orixe), 9. crisis (por crises), 10. aquelo (por aquilo), 11. papeles (por papeis), 12. desempleo (por desemprego), 13. servicios públicos (por servizos), 14. cuarenta e nove (por corenta e nove), 15. en educación se fixo (por en educación fíxose), 16. e se apostou (por apostouse), 17. a poden criticar vostedes (por pódena...), 18. dous autovías (por dúas autoestradas), 19. para eso (para iso), 20. o enfoca (por enfócao), 21. plantexamos (por presentamos), 22. salgan falando (por saian falando), 23. por iso (por iso), 24. lle vou poñer (por voulle poñer), 25. o coraxe (por a coraxe), 26. ciudadáns (por cidadáns), 27. enfermedades (por enfermidades), 28. que vai a ter (por que vai ter).

Total 28 erros. NOTA suspenso.

Alfredo Suárez (viceportavoz do BNG. Conselleiro de Agricultura):

1. cuando (por cando), 2. debatir (por debater), 3. electorales (por electorais), 4. vai a ser (por vai ser), 5. tuveron (por tiveron), 6. estructurales (por estruturais), 7. personas (por persoas), 8. en unha política (por nunha política), 9. en ese sentido (por nese sentido), 10. crisis (por crise), 11. donde (por onde), 12. van a significar (por van significar), 13. ocurre (por ocorre), 14. bueno eu creo (por ben...), 15. se repartiron (por repartíronse), 16. se beneficia o conxunto (por benefíciase...), 17. empleos (por empregos), 18. se fixo unha (por fíxose), 19. unhos dereitos (por uns...), 20. se crearon (por creáronse), 21. se importou (por importouse), 22. vou a falar do futuro (por vou falar...), 23. se trata (por trátase), 24. da misma maneira (por da mesma...), 25. debatíramos (por debateramos), 26. tuvéramos (por tiveramos), 27. puidéramos (por puideramos), 28. debatir (por debater), 29. multitud (por multitude), 30. que lle dou a Constitución (por que lle deu...), 31. e a nós nos gustaría (por e a nós gustarianos), 32. o mismo rango (por o mesmo...), 33. xusticia (por xustiza), 34. e en esa dirección (por nesa ...), 35. despois de escoitarlle (por despois de escoitalo), 36. ciudadanos (por cidadáns), 37. responsabilidad (por responsabilidade), 38. os mismos (por os mesmos). 39. o BNG se dirixe (por diríxese), 40. quen gana (por quen gañe).

Total 40 erros: NOTA suspenso.

No segundo debate, desta vez por radio COPE, o día 12 pasado, xoves, tres representantes, polo PP, Alfonso Rueda (secretario xeral), Ismael Rego (portavoz do PSdeG e Carlos Aymerich (portavoz do BNG). Actuou de moderador Pablo Acción, cun notable galego como o xornalista Carlos Rodríguez.

Alfonso Rueda:

1. nos anima (por anímanos), 2. aquí se presentaron (por presentáronse), 3. as vai gañar (por vainas), 4. si o partido (por se o partido), 5. lle digo digo (por dígolle), 6. aquelo (por aquilo), 7. se dan conta (por danse ou decátanse), 8. está harta (por está farta), 9. a ten (por tena), 10. condeable (por condenable), 11. o dedo na nariz (por ... o nariz), 12. me alegro (por alédome ou alégrome).

Ismael Rego:

1. donde están eses indecisos (por onde...), 2. e nos tocará (por tocaranos), 3. frente (por fronte), 4. é verdad (por verdade), 5. lealtade (por lealdade), 6. vamos asta (por ...ata), 7. debatir (por debater), 8. esto (por isto), 9. lle vou a dicir (por voulle dicir), 10. recetas do PP (por receitas...), 11. agentes sociales (por axentes sociais), 12. ciudadanía (por cidadanía), 13. me sinto (por síntome), 14. tuvo (por tivo), 15. sepan falar inglés (por saiban...), 16. que haxa álguen (por ... alguén), 17. tan bon (por tan bo), 18. pertenecían (por pertencían), 19. lle vou a dicir unha cousa (por voulle dicir...). 20. vamos a traballar (por vamos traballar), 21. sin duda (por sen dúbida), 22. axentes electorales (por ... electorais), 23. casualidad (por casualidade).

Total 23 erros: NOTA suspenso.

Carlos Aymerich:

1. vamos a ver (tres veces repetido) (por imos ou vamos ver).

NOTA sobresaliente.

Uns debates cheos de castelanismos, vulgarismos, hipergaleguismos e arcaísmos. O 90% dos parlamentarios galegos non colocan o pronome ben. Como foi posible manter unha presidenta do Parlamento sen falar correctamente a nosa lingua? ("lle chamo a atención").

E a preocupada secretaria xeral de Política Lingüística, Marisol López, láiase de que os estudos sociolingüísticos revelan unha alarmante creba na transmisión da lingua.