Comité de Saúde Laboral


31 oct 2008


Out31
Nota informativa sobre a xuntanza do Comité de Saúde Laboral, celebrada o día 30 de outubro



REUNIÓN DO COMITÉ DE SAÚDE LABORAL [30/10/08]

Seis meses despois da última reunión, a Administración volveu convocar o Comité de Saúde Laboral. Tempo máis que suficiente para que as deficiencias nos xulgados se manifestasen, ante a pasividade da administración, con toda a súa crueza: Choveu dentro dos xulgados de Ponteareas, inundáronse os xulgados de Ribeira, os traballadores de Pontevedra, Cambados, Vigo, Ribeira, ... case asfíxianse os días de calor, segue sen solucionarse o amoreamento nos xulgados de Tui, os funcionarios en Carballiño teñen que "carretar" aos cidadáns polas escaleiras por falta de ascensor......

A pesar de todo isto, á Directora Xeral parécenlle "inxustas" as correspondentes denuncias presentadas por CC.OO ante a Inspección de Traballo e os medios de comunicación.

Dende CC.OO reiteramos as deficiencias (calor, amoreamento, goteiras, malos olores, falta de ascensores, etc...) nos distintos xulgados de Galicia (Tui, Ponteareas, Ferrol, Ourense, Ponte-vedra, Bande, Carballiño, A Coruña) e por contestación tivemos o silencio.

PLANS DE EMERXENCIA. CURSOS DE FORMACIÓN

No outro punto da Orde do día, a Administración informou da súa intención de elaborar e poñer en práctica os plans de emerxencia nos edificios xudiciais para o que resulta necesaria a creación dos chamados "grupos de acción", que estarán integrados por funcionarios dos xulgados.

Os que queiran participar nestes grupos recibirán un curso de formación, que se impartirá nas sete grandes cidades. Segundo informou a Directora, a súa intención é que tanto xuíces como secretarios e fiscais se involucren nestes grupos. A todas as persoas que asistan aos cursos se lles entregará un certificado de asistencia.

O curso terá unha duración de 5 horas lectivas teórico-prácticas co seguinte contido:


I. Medidas de emerxencia:
  • Avaliación do risco, medidas de protección e plan de acción.

II. Incendio:
  • Conceptos básicos
  • Axentes extintores

III. Primeiros Auxilios:
  • Chamada de socorro
  • Avaliación básica das vítimas
  • Actuacións concretas ante accidentes
  • Práctica RCP

IV. Actuación en caso de incendio:
  • Equipos de protección contra incendios
  • Prácticas con lume real. Extintores e BIES


A convocatoria do curso publicarase na intranet na primeira quincena de novembro e poderán solicitarse pola intranet ou por fax remitido á Dirección Xeral ou ao Servizo de Prevención. O prazo para a solicitude será de dez días.

Os cursos empezarían, onde se reúnan voluntarios abondos, a partir do primeiro de decembro.

A Administración calcula que se realizarán, aproximadamente, 12 cursos en toda Galicia e que en cada curso haberá un máximo de 25 persoas.