Set11

Segundo informa Efe, a media diaria de demandas por morosidade alcanza as 400, unha cifra de non pagamentos que fontes xudiciais cualifican de «inusual». As demandas van dende as reclamacións por facturas telefónicas ás compras a prazos insatisfeitas e o non pagamento de créditos hipotecarios.
No que levamos de semana, chegaron aos xulgados de de Barcelona máis de 500 demandas de non pagamento presentadas por só tres empresas: a compañía telefónica Jazztel e as financeiras Banco Popular e Celeris. Parte desas 500 demandas de non pagamento corresponden a pagamentos hipotecarios non satisfeitos, aínda que a maioría deles foron presentadas pola compañía Jazztel contra clientes que lles deben facturas telefónicas. A financeira Celeris, especializada precisamente no crédito ao consumo e o reagrupamento de débedas, é outra das que acudiu aos tribunais para que a vía xudicial obrigue os seus clientes a facer fronte aos seus pagamentos.
Procesos con embargo final
A ese aluvión de demandas súmase outro centenar que o pasado venres interpuxeron no xulgado os representantes legais de El Corte Inglés, por clientes que adquiriran produtos a prazos e deixaran de pagar as súas facturas periódicas. Unha vez presentadas no decanato, as demandas de non pagamento repartiranse entre os distintos xulgados de primeira instancia de Barcelona, que iniciarán un proceso xudicial para requirir os pagamentos pendentes aos demandados e que poderían desembocar en embargos das propiedades dos demandados no caso de que non afronten as súas débedas.
O sector financeiro afronta un aumento exponencial dos seus índices de morosidade, do 1,6% nos bancos e de máis do 2% nas caixas de aforros. Caixa Sabadell lidera o ranking co 3,24% de morosidade. Caixa Catalunya alcanza o 2,5% e La Caixa o 1,26%.
Fonte: abc.es
Noticias relacionadas:
- Sevilla: El juzgado mercantil advierte de que ya no puede atender más suspensiones de pagos