Jun04

Visto o visto, non está de máis visitar a páxina web da AEPD, https://www.agpd.es/portalweb/index-ides-idphp.php, onde poderás consultar todo tipo de información relacionada coa protección de datos (lexislación, resolucións).
É moi recomendable examinar a resolución ditada pola AEPD no procedemento instruído ao Xulgado do penal número 3 de Algeciras, aberto de oficio como consecuencia da noticia publicada na prensa, o día 27/10/2005, sobre o achado na vía pública dunha documentación con datos persoais pertencente ao devandito xulgado.
Ademais, poderás descargar diversas guías (Recomendacións destinadas a pais e nenos para navegar de xeito seguro por internet, Guía do Dereito Fundamental á Protección de Datos de Carácter Persoal, Recomendacións dirixidas a usuarios de internet).