Publícouse na intranet de xustiza a Resolución da Dirección Xeral de xustiza pola que se resolve a convocatoria de provisión temporal de postos de traballo mediante o sistema de substitución entre titulares publicada o pasado día 09/11/2021
A incorporación ao posto de traballo en substitución será na data de efectos indicada na resolución e no correspondente acordo de substitución.
Para a formalización desta incorporación expedirase dilixencia de constancia asinadapolo/a superior funcional e pola persoa adxudicataria, dilixencia que deberá ser remitida á Dirección Xeral de Xustiza por correo electrónico(servicio.persoal.xustiza@xunta.gal) nesa mesma data.
A renuncia á substitución adxudicada pola presente Resolución, será penalizada coaimposibilidade de obter unha nova substitución durante o período dun ano.
Para ver a Resolución completa, preme aquí