A DXX achega  borrador de modificación da Orde do 4 de outubro de 2018 sobre selección e nomeamento de persoal interino para cubrir postos de persoal funcionario dos corpos xerais ao servizo da Administración de xustiza en Galicia.


Sen prexuízo dunha modificación de maior calado a negociar posteriormente, esta modificación parcial ven motivada pola insuficiencia ou falta de dispoñibilidade de persoal nas diferentes bolsas e a necesidade dunha tramitación áxil que dea resposta o máis axiña posible a esta situación.


A modificación proposta, que afectaría exclusivamente á disposición adicional primeira (Solicitude de inclusión nas bolsas durante a súa vixencia) permitiría a incorporación daquelas persoas que tivesen algún exame aprobado dos procesos selectivos realizados aos corpos de xestión procesual e administrativa, tramitación procesual e administrativa ou auxilio xudicial dende a convocatoria das bolsas vixentes. Así mesmo, permitiría que aquelas persoas que fosen chamadas a través do servizo público de emprego e acrediten dous meses de servizos prestados, poderán solicitar a inclusión nas bolsas do corpo correspondente aos ditos servizos.


Dásevos traslado do borrador mencionado coa finalidade de que fagades as consideracións que estimedes oportunas co obxecto de telas en conta antes de convocar a correspondente mesa de negociación. O prazo para presentar as observacións é ata o vindeiro día 10/07/2020


Para ver o Borrador coa modificación da orde de interinos, preme aquí