Mostrando entradas con la etiqueta mesa técnica. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta mesa técnica. Mostrar todas las entradas

CCOO esixe que non se paralice o avance na carreira profesional


10 nov 2021


 



Un feito histórico na xustiza, como a carreira profesional, sen precedentes en todo o Estado, nin no ámbito ministerio, nin en territorios transferidos, e que supón incrementos retributivos de mínimo 80 euros ao mes, non debera ser utilizado como arma arroxadiza entre compañeiros e compañeiras, e debe continuar o seu avance, tanto no acceso aos seguintes graos, que corresponde no 2022, como na extensión ao persoal interino, como estaba previsto no propio acordo, que literalmente di: Unha vez acadado o acordo necesario na Mesa Xeral de Negociación da Función Pública de Galicia, ao persoal interino ao servizo da Administración de xustiza aplicaráselle o sistema de recoñecemento da traxectoria profesional nos mesmos termos que se establezan para o persoal interino da Administración xeral da Xunta de Galicia.


O acordo asinado por CCOO xunto con USO e UGT, permitiu a implantación da carreira, primeiro chanzo dun incremento retributivo sustancial e progresivo no tempo, tanto para o persoal titular como para o persoal interino, que se acadou incluír no acordo e unicamente restaba o paso de aprobalo en función pública, xa qeu tiña partida orzamentaria para iso. A xudicialización, as descualificacións, o conflito permanente por intereses particulares, a negativa de negociación e entendemento, o único que fan é prexudicar tanto os dereitos dos compañeiros e compañeiras, que ven con incertidume como periga o necesario incremento retributivo, como a desidia pola labor sindical, enleada nunha voráxine de agresións verbais sen fin.


No día de hoxe tivo lugar unha reunión da comisión de seguimento do acordo que propiciou a carreira profesional, a creación de novas prazas e a retribución das substitucións entre outros, e na que CCOO conclúe:


- Non existe ningunha resolución xudicial firme, e polo tanto ningunha escusa, que impida a apertura dos seguintes graos na carreira profesional. Malia todo, a Xunta determina que o consolidado e o prazo restante de Xestión están garantidos e supedita a unha consulta xurídica o que por dereito e publicado corresponde.


- Debe articularse dende xa o sistema acordado no documento publicado no DOG, o acceso á carreira do persoal interino.


- De non continuar no avance da carreira profesional, CCOO tomará as medidas legais oportunas, xa que o acordo do Consello da Xunta está vixente en todos os seus extremos e a súa paralización sería unha decisión unilateral da Xunta de Galicia.


Noutro orde de cousas, no seguimento do acordo, comunicouse:


- A aprobación da creación para o ano 2022 de 57 novas prazas, das que 11 serán destinadas ás fiscalías, para cumprir a ratio 1 funcionario/a – 1 fiscal/a e 6 ao xulgado do mercantil de nova creación da Coruña. As 50 restantes non están pechadas e proporemos as máis necesarias, como Arzúa, Penal 3 de Lugo ou os Xulgados de Violencia, ademais das faladas na reunión: Imelga, Betanzos, Caldas de Reis, Instancia nº13 da Coruña, Oficinas de Rexistro e Reparto, Decanatos, Viveiro 1, Ribeira, Penal 2 de Ferrol, Vilagarcía ou Cambados entre outras.


- Respecto ao CAT, no acordo reflectírase que debera estar na media do Estado, para garantir unha retribución xusta, a día de hoxe tanto Auxilio como Tramitación o están, non así Xestión que está nos complementos, por distintos acordos noutras comunidades, no posto 10, polo que cómpre un alza de 12 euros mensuais para cumprir o acordo ao corpo de Xestión Procesual, e outro por determinar a Médicos Forenses.



Mesa técnica 18 de xullo de 2017


19 jul 2017


Onte, 18 de xullo, celebrouse mesa técnica co fin de negociar ca DXX a Orde pola que se establecen criterios para a cobertura de postos vacantes mediante comisión de servizos no ámbito da administración de Xustiza na Comunidade Autónoma de Galicia.





Para consultar as alegacións feitas por CCOO preme aquí



Mesa técnica de negociación da orde de interinos. 21/02/2017


22 feb 2017



 A Dirección Xeral de Xustiza convocounos onte, 21 febreiro de 2017  a todas as  organicacións sindicais  a unha nova  mesa técnica co fin de seguir coa negociación  da   orde de interinos. A DXX remitiunos un novo borrador do que se fixeron de novo alegacións,  por parte de CCOO e do resto de organización sindicais.

Para ver a folla informativa sobre a mesa técnica , preme aqui



Convocatoria de mesa técnica o día 21/02/2017 sobre interinos


17 feb 2017



A Direccion Xeral de xustiza remítenos un correo convocando a CCOO e ao resto das organizacións sindicales a unha nova mesa técnica o vindeiro martes, 21 de febreiro ás 9.00 horas nas dependencias da EGAP para continúar negociando a nova orde de interinos dos corpos xerais de funcionarios ao servizo da Administración de xustiza.


17/01/2017. Nova mesa técnica sobre a orde de interinos


18 ene 2017


Onte CCOO e o resto das organización sindicais tivemos unha nova mesa técnica coa DXX para negociar a modificación da orde de interinos( a orde actual vence no mes de xaneiro e será prorrogada mentres se modifica a orde do ano 2013) Para ver a folla informativa sobre a mesa técnica, preme aqui