NOTA CONXUNTA: SPJ-USO, STAJ, UGT, CSIF E CCOO


5 nov 2026



Os sindicatos SPJ-USO, STAJ, UGT, CSIF e CCOO levamos meses demandando unha negociación real ante os problemas laborais que a diario ten que afrontar todo o persoal de Xustiza en Galiza. Como consecuencia, presentamos un escrito conxunto semanas atrás a fin de que se nos convocara a unha mesa sectorial que leva sen celebrarse case medio ano.  

No día de onte, recibimos por fin unha comunicación sinalando datas tanto para o CSSL como para a mesa sectorial. Porén,  non consideramos de recibo que despois de tantos meses se celebren dúas reunións con tanto contido e calado no mesmo día. Iso obrigaría a reducir enormemente o tempo de debate,   abocándonos  a unha negociación “de paripé” que as cinco organizacións non podemos aceptar.  Amosaría  claramente que a Administración se toma estas reunións   como mero un trámite para poder dicir que houbo negociación sindical, cando obviamente sen un tempo mínimo de exposición e debate non pode habela.  Pero e que, a maior abundamento, a propia DX está recoñecendo o que estamos afirmando.  No correo remitido indica explícitamente que “Dado o tempo limitado non será posible que cada organización sindical lea documentos relacionados coas necesidades que non sexan remitidos con anterioridade á Dirección xera”l. Simplemente inaceptable.  A DX está confundindo un trámite de audiencia cunha negociación sindical real e efectiva, o que conculca os principios e dereitos recollidos na LOLS. Polo tanto,  as CINCO ORGANIZACIÓNS PEDIMOS QUE SE CELEBRE A MESA SECTORIAL O DÍA DEZ E SE POSPOÑA A DO CSSL PARA O DÍA DOCE XOVES OU VENRES TRECE. 

Por outra banda, pero non menos importante, vemos que nos puntos da orde do día non se inclúe un punto do máis relevante e fundamental para todo o persoal de Xustiza: O TELETRABALLO. O PROPIO DIRECTOR XERAL NA MESA SECTORIAL CELEBRADA XA NO LONXANO MES DE FEBREIRO,  AFIRMOU DIANTE DE TODAS AS ORGANIZACIÓNS QUE XA TIÑAN O BORRADOR DO TELEBRABALLO E QUE O FARÍA CHEGAR NUNHOS DIAS. Pois ben, nin en días nin en meses, e, a este paso, nin en anos.  Por tanto, esiximos que cumpra a súa palabra, e, en consecuencia, admita a petición da maioría sindical de incluir a negociación do teletraballo na orde do día da próxima mesa sectorial. 

 Santiago de Compostela, 5 de Novembro  de 2026.


NOTA CONXUNTA