No día de hoxe tivo lugar un comité de prevención e unha mesa sectorial, cunha orde do día inabarcable que, como consecuencia, tivo un tratamento difuso e sen ningunha medida concreta, máis alá de constatar que non se é consciente por parte da administración da sobrecarga de traballo na maioría de prazas xudiciais.
📍 ORZAMENTOS 2027
- Consígnanse partidas suficientes para garantir ás subas pactadas por CCOO, sempre presente nas negociacións de incrementos retributivos, que terán lugar a partir de xaneiro: o incremento do complemento específico na parte pactada (67,50 € en todos os corpos), o seguinte tramo do grado da carreira profesional e o 5% de todos os conceptos froito do Acordo Marco asinado co Ministerio de Función Pública.
- Malia a situación límite de moitas oficinas, en vilas e cidades, a Xunta só compromete a creación de 27 novas prazas, algo inadmisible, visto os prazos que están a tomar os sinalamentos, e vendo como moitas compañeiras deben duplicar esforzos e traballar de tarde para evitar o colapso. Dende CCOO seguimos a reclamar que por cada xuíz (19 este ano) e creen dúas prazas de xestión, tres de tramitación e dúas de auxilio.
- Nunha segunda fase dende a Dirección Xeral de Xustiza ábrense a renegociar as RPT, pero sen crear prazas, só movendo dun sitio a outro os postos, o cal é inadmisible e CCOO non vai participar nese atropelo aos nosos dereitos.
📣 ATENEA
- CCOO e o resto de organizacións demandamos unha formación real, pautada e presencial, dado que a capacitación por teleformación foi un auténtico desastre.
- Demandamos que as Oficinas de Xustiza Municipal se beneficien tamén da aplicación, xa que continúan a traballar con medios do século XX a través de procesadores de texto.
📍EXTENSIÓN VACACIÓNS E PERMISOS
- A solicitude de todas as organizacións sindicais, pódense disfrutar os días de permiso e vacacións correspondentes ata o 31 de marzo de 2027
📍RESOLUCIÓN SOBRE HORARIO E CARREIRA PROFESIONAL
- Entregados os borradores por parte da administración, concédese un prazo ata o luns 16 de novembro para facer alegacións, CCOO presentará as que correspondan para garantir os nosos dereitos.
📍TELETRABALLO
Pese a solicitar expresamente a súa inclusión na orde do día para negociar a súa nova implantación como en calquera outra administración, o Director Xeral toma como teima persoal negalo, por non estar asentada a nova oficina xudicial, argumento absurdo, xa que son moitas persoas que o están a desenvolver, dependendo unicamente da boa ou mala vontade do LAX que corresponda.
📍 GARDAS 24 HORAS IMELGA
Estanse a desenvolver os traballos para a súa implantación en Vigo e Coruña, esperemos que sirva de impulso, e así o requiriremos, para que sexa a introdución a desenvolver as gardas de 24 horas para as gardas de instrución.
