DIRECTOR XERAL DE
XUSTIZA GALICIA
Praza de Europa nº
5-A 4º Andar.
Santiago de
Compostela.
Dende a toma de posesión do Sr. Nuñez Feijoo no ano 2009 opuxémonos e
denunciamos a falta de interese que o Goberno do P.P tiña na Administración de
Xustiza ao non crear unha Conselleria específica de Xustiza, en lugar dunha
mastodóntica como a actual.
Pero foron as "imposicións"
do Sr. Nuñez Feijoo e sobre todo a súa actitude de monicreque do xefe,
pois se negou, non lle deixaron, ou non quixo convocar unha Mesa Sectorial para
negociar, ou cando menos explicar cómo se ían aplicar os recortes de Dereitos
dos funcionarios da Administración de Xustiza as que demostran a necesidade
dunha Conselleria especifica que nos permita ter unha interlocución valida e
forte. É lamentable que La voz de Galicia ou o País reciban a
información na súa redacción, mentres os propios afectados non sabemos nada.
Eliminación da Paga Extra: A pesar de solicitarse por este Sindicato a Mesa
para explicar a aplicación desta medida, cando aínda non se modificara a
L.O.P.J, vostede nin convocou e moito menos contestou á nosa petición, a raíz
da súa "mala praxe" provocáronse os seguintes problemas que deben ser
solucionados:
-
Supresión
da paga extra aos traballadores que non alcanzaron as cantidades mínimas
recollidas en el R.D Ley 20/2012.
-
Supresión
da paga extra aos funcionarios que acaban de chegar no recente Concurso de
traslados doutros Territorios, onde xa estaban a sufrir, por parte da
Administración competente, a retención da parte proporcional da paga extra.
-
Devolución de xeito
inmediato das cantidades, que tras a reclamación de CC.OO ante o Ministerio de
Facenda, recoñece que aos
funcionarios de Xustiza non se nos pode reter o 100% da paga extra. Este
recoñecemento publicouse no BOE, precisamente tras a Lei de Taxas Xudiciais
contra a que estamos a loitar.
Redución
do 4% do soldo para o 2013: A información filtrada, entregada aos medios de comunicación non é unha
forma de negociación aceptada por este Sindicato. Tampouco nos vale que se
levase á Mesa Xeral de Función Pública, porque como moi ben sabe temos unha
Mesa de Negociación propia, aínda que ultimamente non teña costume de
convocala.
Débennos explicar se se vai aplicar aos
funcionarios da Administración de Xustiza ou non, e de aplicarse en que
conceptos, en que prazos, en que contías, etc.
Por todo o antes exposto esiximos a convocatoria de xeito inmediato
dunha Mesa Sectorial presidida polo Sr. Alfonso Rueda, Vicepresidente do Goberno e Conselleiro de
Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pois vostede por obediencia
debida ou por calquera outro motivo non foi quen de pilotar esta situación,
para tratar todos estes asuntos e todos aqueles que temos pendentes dende hai
máis dun ano (creación de prazas servizo de apoio na cidades onde se suprimiron
prazas nas Audiencia provinciais como consecuencia concurso de traslado,
creación de xulgados, aplicación do R.D. Lei 20/2012, etc...)
Galicia, 3 de xaneiro de 2013
Pablo Valeiras Rios
Responsable do Sector de Xustiza de Galicia