- CCOO chama á mobilización masiva de toda a cidadanía o vindeiro xoves 19 de xullo
Milleiros de empregadas e
empregados públicos de Galicia saíron á rúa o venres pasado concentrándose
ante os centros de traballo das administracións públicas para protestar
polos recortes que supoñen as novas medidas aprobadas polo Goberno de
Rajoy.
Ao berro de "mans arriba, esto é un atraco", un dos mais coreados nas
concentracións, milleiros de empregados públicos de Galicia (centenares
de miles en toda España) fixeron pública a súa indignación, durante as
pausas regulamentarias de media mañá, acudindo ás concentracións
convocadas polos sindicatos de maior representación no sector, para
manifestar o seu rexeitamento aos "brutais recortes" do Goberno.
 |
A Coruña |
Estes
recortes no ámbito dos servizos públicos concrétanse na supresión da
paga extra de Navidad, a redución dos días de libre disposición e dos
liberados sindicais, supresión do complemento salarial nas situacións de
incapacidade temporal e baixa médica e, sobre todo, os previsibles
despedimentos que se aveciñan no sector público.
 |
Vigo |
As
concentración foron sucedéndose a distintas horas da mañá nos distintos
centros de traballo, entre os sons de pitos e bocinas e berridos de "o
vindeiro parado, que sexa un diputado", "acabemos con eles, antes que
acaben connosco", "a ti que estás mirando, tamén te estan roubando" ou
"esto nos pasa por un goberno facha". A indignación das persoas
concentrada levou a que, en moitos caso, se cortaran as rúas, ou que as
concentracións derivaran en manifestacións, ainda que non se produciron
incidentes coas forzas de orde público.
 |
Ourense (foto La Voz de Galicia) |
Estas concentracións
son o inicio das mobilizacións que os sindicatos convocan ante as
medidas do Goberno que están desmantelando, no so o xa maltreito Estado
do benestar, senón o Estado con maiusculas por medio da imposición de
recortes que atacan o corazón das políticas públicas.
CCOO fai un
chamamento ao conxunto da cidadanía para que participe nas
manifestacións convocadas para o vindeiro día 19 de xullo nas sete
cidades galegas e advirte que empregará todos os instrumentos
democráticos ao seu alcance para conseguir a rectificación destas
políticas de recortes.