Convocatoría día 10 de novembro da Mesa Sectorial e más do Comité de Seguridade e Saúde. Mantense a data


9 nov 2026


 



Pola dirección Xeral  nos contestou  decindo: 

"Tras os escritos recibidos e dado que a proposta non contou coa conformidade da maioría das organizacións sindicais, infórmase, de que mantense a convocatoria do CSS e da Mesa sectorial para o día 10 de novembro. O día 24 queda convocada de novo a Mesa sectorial quedando pendente de establecer a orde do día ao desenvolvemento da Mesa do día 10.

Tras petición de varias organización sindicais engádese como punto da Orde do día o teletraballo, outros puntos solicitados e non incluídos de forma expresa na orde do día serán tratados no punto de rogos e preguntas.

DÍA 10 DE NOVEMBRO. SALA COLMEIRO DA EGAP 

COMITÉ DE SEGURIDADE E SAÚDE (09:15 H-11:00 H)

Orde do día:

1. Información sobre GAS RADÓN. Asistirá como convidado D. Alberto Ruano Raviña (Catedrático de Medicina Preventiva e Saúde Pública e Director do Laboratorio de Radón de Galicia)

2. Avaliación sobre a necesidade da realización de estudos psicosociais: TI de PONTEAREAS e TI de Vilagarcía de Arousa.

3. Información sobre actuacións e obras.

4. Rogos e Preguntas.

Prégase ás organizacións sindicais que antes da reunión do CSS acheguen os comentarios sobre obras e medios para que poidan ser avaliados con anterioridade á xuntanza. Dado o tempo limitado non será posible que cada organización sindical lea documentos relacionados coas necesidades que non sexan remitidos con anterioridade á Dirección xeral.

MESA SECTORIAL DE XUSTIZA (11:00 H)

Orde do día:

1. Orzamentos 2027. Información sobre a creación de novas prazas de persoal ao servizo da Administración de xustiza en Galicia. Modificación das RPT.

2. Implantación do sistema procesual ATENEA.

3. Convocatoria EXTRAORDINARIA traxectoria profesional.

4. Calendario laboral 2027.

5. Acordo sobre actuacións conxuntas a adoptar na Administración de Xustiza por activación de protocolos de calquera tipo de acoso laboral estando afectada máis dunha Administración Pública.

6. Proposta de ampliación do periodo para gozar das vacacións e dos asuntos particulares 2026.

7. Información sobre a comarcalización das seccións de VSM de Vigo, Pontevedra e Lugo, datas e medidas de persal e medios materiais.

8. Gardas 24 h no IMELGA.

9. Teletraballo.

10. Rogos e preguntas."

Como vedes incluese un punto novo que é o Teletraballo, unha vella reinvidicación que cada día é máis necesaria en pleno século 21.