Mostrando entradas con la etiqueta Galicia.. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Galicia.. Mostrar todas las entradas

CCOO responde aos argumentos demagóxicos da CIG, en relación “a lectura interesada” que fan dunha sentenza que recoñece o dereito a carreira profesional, a unha funcionaria interina da Xunta de Galicia


6 jul 2020





CCOO responde aos argumentos demagóxicos da CIG, en relación “a lectura interesada” que fan dunha sentenza que recoñece o dereito a carreira profesional, a unha funcionaria interina da Xunta de Galicia


A CIG ven de divulgar unha nota informativa na que da conta dunha sentenza, que aínda non é firme, que recoñece o dereito ao réxime extraordinario de acceso ao grao I da carreira profesional a unha funcionaria interina. Na devandita nota fanse unha serie de alusións e afirmacións absolutamente demagóxicas que, CCOO como un dos sindicatos asinantes do Acordo de Concertación Social, no que se incluía entre outras cuestións importantes, tamén a implantación por primeira vez da carreira profesional no ámbito da función pública, non pode deixar sen contestar

Afirma a CIG na súa nota que non asinou o acordo de carreira profesional para o persoal funcionario e laboral porque establecía unha grande diferenza entre os grupos altos e baixos no importe anual, pola inexistencia da concreción de como se cobrarían os seguintes graos e pola discriminación do persoal interino, respecto do persoal funcionario de carreira

Pois ben, cómpre lembrar que as contías, os prazos e o ámbito persoal de aplicación son os mesmos que a CIG asinou na carreira profesional do SERGAS. Co cal deberían explicar por que nas mesmas condicións no SERGAS a carreira profesional era boa e na Dirección Xeral de Función Publica era mala. O que non vale é non mollarse e non asumir riscos nin responsabilidades e despois, parapetados detrás dunha sentenza xudicial, e renunciando a función propia dunha organización sindical, como é presionar, negociar e acordar, tratar de aparecer ante os traballadores/as como os que repoñen as cousas no seu lugar (iso si, deixando que sexan os xuíces os que arranxen os problemas)

No momento en que se negociou e aprobou a carreira profesional na Xunta de Galicia toda a normativa estatal e autonómica limitaba o dereito á carreira ao persoal funcionario de carreira. A pesar diso, CCOO loitou durante toda a negociación (así esta recollido nas nosas alegacións), para que fose de aplicación a todos os empregados públicos, independentemente do seu vínculo laboral coa administración, e así conseguiu incluír ao persoal laboral fixo, que inicialmente tamén estaba excluído

Posteriormente, no mes de xullo de 2019, froito da presión e da negociación acordouse, co voto en contra da CIG, estender a carreira profesional ao persoal funcionario interino e laboral temporal da Xunta de Galicia e tamén a todo aquel persoal que non cumpría os requisitos para acceder a ela a data de 31 de decembro de 2018, pero que si os cumprían con posterioridade, con efectos económicos desde o 1 de xaneiro de 2020

Desgraciadamente a situación de emerxencia sanitaria e a declaración do estado de alarma impediron a publicación e a apertura do prazo para que todos estes traballadores/as solicitasen a súa carreira profesional e a estivesen cobrando

Polo tanto, a diferenza da CIG, CCOO si que fixo o seu traballo e asegurou en primeiro lugar que se implantase a carreira profesional nesta Administración e en segundo lugar que esa implantación fose de aplicación a todo o persoal máis alá da súa vinculación fixa ou temporal coa Xunta de Galicia

Evidentemente o resultado de calquera negociación sempre é mellorable, pero a disxuntiva naquel momento era asegurar a aplicación da carreira profesional na Xunta de Galicia (recoñecida no TREBEP desde o ano 2007 pero nunca aplicada nesta Administración ata agora) ou seguir agardando outros 12 anos pola carreira perfecta. E neste sentido CCOO sempre o tivo claro. Só se pode mellorar e perfeccionar o que existe, non o que non existe. A outra opción (a da CIG) é unha pura fuxida cara adiante esixindo o máximo cando aínda non tes nada

En conclusión, antes de dar leccións sobre como defender os intereses dos traballadores e traballadoras desta Administración hai que mirarse no espello da coherencia e asumir as contradicións que se derivan da toma de decisións antagónicas segundo o ámbito (no SERGAS si, na Función Pública non). Xa está ben de 'Capitáns a posteriori', eses que saben todo o que había que terse feito despois de que pasan as cousas, e que pretenden quedar ben con todos e non quedan ben con ninguén (aínda que pretendan facernos comulgar con rodas de muíño, vendendo unha resolución xudicial, non firme, como un éxito, a realidade é que un fracaso da súa acción sindical)

Por certo a asesoría xurídica de CCOO ten presentadas varias demandas individuais, tanto no ámbito contencioso como no social, porque a forma de traballar que temos é combinar a acción sindical coa acción xurídica, para ir avanzando sen instalarnos no “negacionismo permanente” que leva a que a algúns aínda que lle ofrezan a lúa, sigan dicindo que non, porque sempre consideran que é insuficiente

Concurso de traslados.Novo listado de vacantes en Galicia.


20 abr 2016




 




 A Dirección Xeral de Xustiza remitenos no día de hoxe o listado actualizado de prazas vacantes para o vindeiro concurso de traslados 2016 dos corpos e escalas de xestión procesual e administrativa, de tramitación procesual e administrativa e de auxilio xudicial da Administración de xustiza


Para ver a relación de prazas , preme aqui

Corrección de erros no concurso específico fiscalía Galicia.


14 oct 2015



En breve publicarase na intranet a corrección de erros do listaxe provisional de admitidos  e excluídos no concurso específico das fiscalías de Galicia.
A proposta da representante dos sindicatos  CCOO, CIG e UGT integrante da comisión de valoración, solicitouse que se desglosara a puntuación obtida no concurso en tres apartados: antigüidade e galego, coñecementos específicos e formación.

Horario de inverno.


16 sept 2015




Hoxe, 16 de setembro, entra en vigor o horario de inverno.


  • Parte  fixa  :    6 horas diarias    ( entre as 8:00  e as 15:00h)
  • Parte flexible: 1 hora en cómputo diario (entre as 7:30 e as 9:00 e entre as 14:00 e as 18:30horas )
Todo o tempo que exceda das 6 horas da parte fixa vai a parte flexible.
Pódense seguir acumulando na bolsa de horas ata un máximo de 22,30 horas ao ano, que corresponden a 7:30 h. por día , cun máximo de tres días ao ano.