Convocatoria das bolsas de persoal interino de xustiza en Galicia


8 feb 2022


 

 

 



Hoxe publicase no DOG a Resolución do 28 de xaneiro de 2022, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se convocan bolsas de traballo de persoal interino dos corpos xerais ao servizo da Administración de xustiza en Galicia.

O prazo de presentación de solicitudes será de quince (15) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no DOG.

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario na Oficina virtual do peroal da normalizado dispoñible na Oficina virtual do persoal da Administración de xustiza (OPAX),no sitio web http.//opax.xunta.es, accesible tamén a través da sede electrónica da Xunta de Galicia https.//sede.xunta.gal.

Para acceder ao formulario normalizado e presentar a solicitude, deberase dispor dun usuario rexistrado na OPAX e dun certificado electrónico cualificado (DNI electrónico, tarxeta de identificaión de persoal ao servizo da Administración de xustiz ou outro considerado válico pola Administración da Comunidade Autónoma de Galicia).

Para o suposto de non contar con usuario, farese uso da opción habilitada na OPAX para o rexistro de novos usuarios. No dito web disporase de instrucións de axuda que deberán ser observadas en todo momento. En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información, as persoas interesadas poderanse dirixir a Dirección xeral de xustiza, a través do correo electrónico servicio.persoal.xustiza.gal.

 Para ver a Resolución completa, preme aquí

 

P