Na páx web do Portal da Lingua Galega publicáronse as instruccións para realizar os exames para obter o correspondentes certificados da lingua galega, niveis Celga.
Portas de entrada e aulas (14 e 15 de novembro)
As persoas convocadas deberán presentarse entre as 8.30 e as 8.45 horas no lugar de realización das probas provistas de DNI, NIE ou pasaporte e bolígrafo azul ou negro.
CELGA 4
IES Antonio Fraguas de Santiago de Compostela
Porta A: aulas 0 - 10
Porta B: aulas 11 – 21Listaxe aulas proba escrita 14 de novembro Celga 4 Santiago de Compostela
EOI de Ponferrada
Casa de Galicia en Madrid
Datas de realización das probas
Celga 4 en Santiago de Compostela, Ponferrada e Madrid
14 de novembro de 2026, para as persoas admitidas cuxo primeiro apelido comece por algunha das seguintes letras: M, N, Ñ, O, P, Q, R, S, T, U, V, W, X, Y, Z e A.
15 de novembro de 2026, para as persoas admitidas cuxo primeiro apelido comece por algunha das seguintes letras: B, C, D, E, F, G, H, I, J, K e L.
Celga 3 en Santiago de Compostela, Ponferrada e Madrid
21 de novembro de 2026, para todas as persoas admitidas.
Celga 2 en Santiago de Compostela, Ponferrada e Madrid
22 de novembro de 2026, para todas as persoas admitidas.
Lugares de realización das probas
Santiago de Compostela
Celga 2, Celga 3 e Celga 4
IES Antonio Fraguas, rúa Londres, núm. 10
Ponferrada
EOI de Ponferrada, rúa Río Burbia, s/n
Madrid
Casa de Galicia en Madrid, rúa Casado del Alisal, 8
Horario de realización das probas
As persoas candidatas deben presentarse no lugar e día de realización das probas entre as 8.30 e as 8.45 horas, provistas de DNI, NIE ou pasaporte e bolígrafo azul ou negro.
Proba escrita
Comezará ás 9.00 horas. Uns días antes da realización da proba, publicaranse nesta páxina web www.lingua.gal a porta de acceso e a aula que lle corresponderá a cada persoa.
Proba oral
A proba oral será a continuación da proba escrita. Os chamamentos faranse en quendas de 15-20 minutos, por orde alfabética, comezando pola letra M, agás o día 15 de novembro que comezarán pola letra B. A proba poderá prolongarse até a tarde.
Para máis información preme no seguinte enlace
RESOLUCIÓN do 8 de setembro de 2026, da Secretaría Xeral da Lingua, pola que se realiza a segunda convocatoria das probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 2, 3 e 4, no ano 2026 (código de procedemento PL500C).
