Novos avisos de desocupación de postos para a súa cobertura mediante substitución entre titulares


19 sept 2022


 





Saíu publicada, con data do 19 de setembro de 2022, a Resolución da Dirección Xeral de Xustiza pola que se convocan postos para a súa provisión temporal mediante o sistema de substitución.


Mentres non se habilite a opción de solicitude á través de OPAX , ou en caso de fallo acreditado do sistema, as solicitudes faranse conforme ao anexo II, e se for o caso a documentación ou alegacións, deberán presentarse na sede electrónica da Xunta (https://sede.xunta.gal/) mediante o modelo ou solicitude xenérica co código PR004A

Prazo de presentación de solicitudes será de tres  días hábiles desde o día seguinte ao da publicación.

Para ver a resolución completa , preme aquí