Programa autoformación EGAP


10 abr. 2017


Publícase no DOG de hoxe, 10 de abril, Resolución do 30 de marzo de 2017 pola que se convoca o Programa de autoformación para o persoal ao servizo das administracións territoriais, institucionais e entes públicos instrumentais do sector público da Comunidade Autónoma, así como para o persoal da Administración de xustiza de Galicia e de administración e servizos (PAS) das tres universidades galegas.

A inscrición para o acceso aos contidos pode facerse en calquera momento a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e ata o 30 de decembro de 2017.

Solicitudes de participación as probas de avaliación: O prazo de presentación de solicitudes será de 10 días naturais a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG.

As probas de avaliación Terán lugar nas dependencias da EGAP, en Santiago de Compostela (rúa Madrid, 2-4, As Fontiñas)


Para ver o DOG preme aquí