Cursos de linguaxe xurídica galega


7 abr 2017



Publicouse no DOG de hoxe 7 de abril, resolución do 31 de marzo, convocando curso superior de linguaxe xurídica galega para o persoal ao servizo da Administración de xustiza que preste servizos fóra da Comunidades Autónoma de Galicia.

Para ver o DOG preme aquí.

Publicouse tamén no DOG do 7 de abril , resolución do 31 de marzo, convocando cursos (nivel medio y nivel superior) de linguaxe xurídica galega para persoal ao servizo da Administración de xustiza e outros colectivos relacionados coa xustiza, que presten servizos dentro da Comunidade Autónoma de Galicia.

Para ver o DOG preme aquí


O prazo de presentación de solicitudes será de 10 días naturais a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

O persoal que desexe participar no curso convocado nesta resolución deberá cubrir o formulario de matrícula telemática na páxina web da EGAP <http://egap.xunta.gal/matricula>, non sendo admisibles outras formas de solicitude.

As dúbidas, as dificultades técnicas e mais as solicitudes de información serán atendidas pola EGAP a través dos números de teléfono 981 54 62 57 e 981 54 62 54, 981 54.63 35 ou o enderezo de correo electrónico xestión.egap@xunta.gal