Substitucións. Avisos de desocupación e adxudicacións


2 jul 2013


O día 01/07/2013 publicáronse na intranet xudicial as adxudicacións das últimas prazas ofertadas para a súa cobertura en substitución entre titulares así como os avisos de desocupación de novas prazas.

Podedes consultar a información no apartado de actualidade dentro das substitucións entre titulares, en recursos humanos, onde tamén se pode ver o histórico de todas as publicacións e adxudicacións. Premendo no vínculo que se acompaña poderedes acceder á información publicada.

http://intranetxustiza.xunta.es/web/d.x.xustiza/sustitucion-entre-titulares (só accesible dende o posto de traballo)

Tamén podes descargar a publicación no seguinte enlace: pica aquí

AVISOS DE DESOCUPACIÓN

Substitucións entre titulares (horizontal e vertical):

  •  Punto sexto da Resolución do 07/05/08 do DXX – DOG 15/05/08
  • Anticipar por fax: num. 981 54 62 22
  •  Modelo: Anexo II

A CORUÑA

TSXG - Sala do Contencioso-Administrativo - A Coruña

Corpo: Tramitación Procesual e Administrativa

Prazo: 1, 2 e 3 de xullo

Motivo: licenza por enfermidade