A resposta do personal que presta servicios na Administración de Xustiza amosa o rexeitamento aos proxectos de privatización do ministro Gallardón.
Tras a reforma integral dos Rexistros Civís que supón a privatización do Rexistro Civil se une agora a privatización de actos de comunicación e execución pois a partir da aprobación da LAC poderán realizar os procuradores (profesionais do ámbito privado) ao convertilos na categoría de axentes da autoridade, o que amosa o intento de Gallardón de desmantela-la Administración de Xustiza como servizo público universal e gratuito.
Estes proxectos de privatización da Administración de Xustiza, suporán a desaparición de máis de 12.000 postos de traballo en toda España, e porán en marcha os plans de ordenación de recursos humanos nos térmos introducidos na reforma de LOPX publicada o pasado 28 de decembro, reforma que foi levada a cabo con un total desprezo ao dereito fundamental da libertade sindical, incumprindo a legalidade vixente plasmada no Estatuto Básico do Empregado Público, pois foi aprobada sin ningún tipo de negociación coas organizacións sindicais con representación na Administración de Xustiza.
Pero tamén é un novo ataque aos dereitos da cidadanía que verá restrinxido, unha vez máis, o seu dereito de acceso á Xustiza para a defensa dos seus dereitos e intereses lexítimos.
Ante este brutal ataque aos dereitos laborais do personal que presta servizos na Administración de Xustiza CCOO, xunto co resto dos sindicatos integrantes da plataforma unitaria, anima a todo o personal funcionario e laboral a secundar maioritariamente as mobilizacións que se convoquen, sin descartar a folga, para esixir a inmediata retirada dos proxectos do ministro Gallardón que supón a privatización da Administración de Xustiza. Ademáis animamos a toda a cidadanía a que participe nas convocatorias pois todos estes proxectos supoñen a usurpación dun dereito fundamental como é a tutela efectiva dos xuices e Tribunais no exercicio dos seus dereits e intereses lexítimos.
DEFENDAMOS O SERVIZO PUBLICO DA ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA, PORQUE SEN XUSTIZA NON HAI DEREITOS.