Día Internacional da Saúde e Seguridade no Traballo. Gaceta Sindical nº 150


22 abr 2013


Presentamos un novo número de Gaceta Sindical, con motivo da celebración, o próximo 28 de abril, do Día Internacional da Saúde e Seguridade no Traballo

Unha xornada reivindicativa e de loita na que CCOO quere denunciar as terribles consecuencias que  sobre a salúdelaboral, a prevención de riscos e as condicións de traballo están tendo a reforma laboral e os recortes impostos polo Goberno do PP; así como a actitude dos empresarios ao considerar prioritarias as inversións en prevención.  

Unhas políticas de recortes e austeridade que, como advirte o secretario confederal de Saùde Laboral e Medio Ambiente de CCOO, Pedro J. Linares,  “están xerando un importante desmantelamento do sistema de protección social e poden levarse por diante todos os avances conseguidos en prevención”.