Ventos de 150 quilómetros por hora


23 ene 2009


Xan23
Ventos de 150 quilómetros por hora azoutan a costa do norte español

 

 



A Axencia Estatal de Meteoroloxía advertiu o venres de que unha borrasca que avanza polo norte da Península provocará ventos moi fortes que poderían alcanzar refachos de 150 quilómetros por hora na costa de Galicia e o Cantábrico, así como en zonas altas do interior de todo o litoral norte. Catorce comunidades están en alerta por Protección Civil, e Meteoroloxía advertiu de que o fenómeno irá a máis e o sábado todas as rexións do litoral cantábrico estarán en alerta vermella polo vendaval. En zonas marítimas, as autoridades recomendan afastarse das praias, diques, acantilados e, en xeral, de todos aqueles lugares que estean próximos a rompentes do mar. O ciclón viaxará dende Galicia paralelo ao litoral, entrando por Biskaia e o momento máis crítico da cal terá lugar de madrugada. As autoridades pediron á poboación que se manteña informada e evite saídas ao monte, achegarse á praia e zonas costeiras ou os desprazamentos por estrada.