Todos contra o ‘centro urban’!


24 ene 2009


Xan24

 

Publicado en www.alema.org

 

Non sei quen sería o responsable da creación e/ou extensión do palabro ‘urbán’ que tanto se ve nos paneis informativos das cidades. Toda unha deshonra para os galegofalantes urbanos (e non ‘urbáns‘) aos que nos importa un pouco a calidade da lingua. E non é unha cuestión dunha cidade en concreto… É unha auténtica praga. É máis: creo que hai máis indicacións de ‘centro urbán‘ ca de ‘centro urbano’ nas vilas e cidades galegas. Velaquí un exemplo.

centro_urban_1

Non vos laian os ollos? Pero quen carallo inventaría iso de ‘centro urbán’? E sobre todo, como tivo esa capacidade de espallamento? Pero tan difícil será escribir con corrección nos carteis, que supostamente están para quedar aí unha boa temporadiña?

Pois ben. Eu creo que temos que protestar. Non ao estilo reintegrata, co spray na man. Non. Hai que sacar fotos co móbil, hai que enviarlles mails ás administracións que colocan estes carteis (aínda que en moitos casos é difícil saber de quen dependen), hai que mobilizarse xa! Todos contra o ‘centro urbán‘!

A nosa lingua ben merece un respecto. É coma se en castelán fixesen algo parecido a isto.

 

centro_ciuda_1

A que este rótulo non duraría nin dous días en calquera estrada española? Por que temos que aturar nós logo que nos poñan carteis con faltas de ortografía?Non deberían estar galego e castelán en igualdade de condicións? Ou sexa, non debería de haber a mesma esixencia?

O peor de todo é que erros deste tipo son bastante comúns. Nas autovías de titularidade autonómica, como a autovía do Barbanza ou a autovía Santiago-Brión,descoñecen a existencia do punto cardinal “leste”… porque en todos os casos sempre se le o mesmo…: “Boiro (este)”. Como que “este“? En galego dise “leste” e non “este”, que é un demostrativo! E estamos falando de infraestruturas acabadas de inaugurar, coma quen di!

En fin. Que toca protestar… civilizadamente e sen sprays… pero protestar!

Autor dos comentarios: alema

Canle de Youtube: http://www.youtube.com/user/alemamalo