Calendario de días inhábiles en 2027 a efectos de plazos administrativos


16 de noviembre de 2026



Publicado en el BOE 14 de noviembre


I. Disposiciones generales

MINISTERIO PARA LA TRANSFORMACIÓN DIGITAL Y DE LA FUNCIÓN PÚBLICA

📌 RESUMO DO CALENDARIO (ANO 2027)
Teñen a consideración de días inhábiles durante todo o ano 2027:
  • Fins de semana: Todos os sábados e domingos en todo o territorio nacional.
  • Días inhábiles en todo o Estado:
    • 1 de xaneiro (venres)
    • 6 de xaneiro (mércores)
    • 26 de marzo (venres - Venres Santo)
    • 12 de outubro (martes)
    • 1 de novembro (luns)
    • 6 de decembro (luns)
    • 8 de decembro (mércores)
  • Días inhábiles no ámbito autonómico (Galicia):
    • 19 de marzo (venres)
    • 25 de marzo (xoves - Xoves Santo)
    • 17 de maio (luns - Día das Letras Galegas)
  • Festivos locais: Ademais dos anteriores, serán inhábiles no respectivo ámbito territorial os días que se determinen como festas locais para cada municipio (en Galicia, publicaranse no DOG).
(Podes consultar o resto de festivos doutras Comunidades Autónomas e illas no anexo completo da resolución).

⚠️ IMPORTANTE PARA O PERSOAL DA ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA
Desde CCOO Xustiza lembramos que:
  1. Este calendario non regula a xornada laboral nin os permisos. A declaración dun día como hábil ou inhábil a efectos de prazos administrativos non determina por si soa o funcionamento dos órganos xudiciais nin o horario de traballo do persoal.
  2. Prazos procesuais: No ámbito xudicial, o cómputo de prazos procesuais réxese polo disposto na Lei Orgánica do Poder Xudicial (LOPX) e nas leis procesuais (que declaran inhábiles, con carácter xeral, os sábados, domingos, os días 24 e 31 de decembro, o mes de agosto para actuacións non urxentes e os festivos nacionais, autonómicos e locais correspondentes).