EGAP: webinario sobre o teletraballo na administración autonómica.


13 nov 2023







Hoxe publícase no DOG a  Resolución  do 2 de novembro de 2023 pola que se convoca o webinario sobre Unha función pública estratéxica: o teletraballo na Administración autonómica. Análise xurídico-administrativa.



Data: 30 de novembro de 2023.


Modo de impartición: telepresenza.

Horario: das 12.00 ás 14.00 horas.



As solicitudes de participación nesta actividade formativa só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo https://egap.xunta.gal/matricula. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.

 As persoas interesadas deberán seleccionar primeiro a área en que está integrada esta actividade (réxime xurídico e actividade financeira das administracións públicas) e despois seleccionar o nome do webinario: Unha función pública estratéxica: o teletraballo na Administración autonómica. Análise xurídico-administrativa.

O prazo para a inscrición estará aberto desde as 9.00 horas do primeiro día hábil seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata as 23.59 horas do día 23 de novembro de 2023.

Para ver a Resolución completa, preme aquí