Curso medio de linguaxe xurídica galega


16 sept 2015



Publicouse no DOG  do 15 de setembro , resolución do 8 de setembro, convocando curso medio de linguaxe xurídica galega  para o persoal ao servizo da Administración de xustiza que preste servizos fóra da Comunidade Autónoma de Galicia.
Para ver o DOG  preme aquí.

Publicouse tamén no DOG do 15 de setembro, resolución do 8 de setembro, convocando un curso medio de linguaxe xurídica galega para persoal ao servizo da Administración de xustiza e outros colectivos relacionados coa xustiza que presten servizos dentro da Comunidade Autónoma de Galicia.
Para ver o DOG  preme aquí.

O prazo de presentación de solicitudes será de 10 días naturais a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo :  http://egap.xunta.es/matricula.
As dúbidas, as dificultades técnicas e mais as solicitudes de información serán atendidas pola EGAP  a través dos números de teléfono 981 54 62 57 e 981 54 62 46 , o número de fax 981 54 63 39 ou o enderezo de correo electrónico xestión.egap@xunta.es.