Cursos EGAP para funcionarios de xustiza


14 abr 2014


No DOG do xoves 10 de abril publicáronse cursos formativos para funcionarios de xustiza impartidos pola EGAP na modalidade de teleformación, tanto para titulares como para interinos, aínda que non estean traballando.

O prazo de inscrición remata o luns 21 de abril, novo despropósito da nosa eficiente Administración, que abre un prazo de dez días naturais no medio da Semana Santa, con varios días festivos polo medio e moita  xente de vacacións.

A inscrición deberá efectuarse na páxina http://egap.xunta.es/matricula, cun límite de cinco cursos por persoa. as peticións de información complementaria serán  atendidas a través dos números de teléfono 981 54 62 57 e 981 54 62 53, do número de fax 981 54 63 39 e do enderezo de correo electrónico xestion.egap@xunta.es. Non aparecen os cursos de linguaxe xurídica, derivado da problemática laboral cos profesores colaboradores que foron despedidos, o cal repercutirá nas posibilidades do persoal destinado fóra da Comunidade de formarse para obter a puntuación necesaria que lles permita achegarse nos xa pírricos concursos de traslado.

Podedes consultar a listaxe de cursos, que inclúe cursos sobre todas as ordes xurisdicionais ampliando a resolución, no botón inferior dereito: