O colapso da Xustiza en Galicia


15 ene 2009


Xan15
Máis de 161.000 casos pendentes nos xulgados da comunidade

 

Publicado en www.elcorreogallego.es

 

  • Galicia queda en cuarto lugar do ranquin nacional en taxa de pendencia e de conxestión dos órganos xudiciais
  • A principios do terceiro trimestre do ano pasado, os asuntos sen resolver eran 151.029
  • Resolvéronse 101.002

grafico

Preme na imaxe para ampliala

 

Os xulgados galegos non saen da súa situación de saturación. A comunidade autónoma ocupa o cuarto posto no dubidoso ranquin de taxa de pendencia e de conxestión. Cos datos oficiais do Consello Xeral do Poder Xudicial (CGPJ), a finais do terceiro trimestre do ano 2008 -último período analizado-, nos órganos xudiciais galegos quedaban pendentes de resolución un total de 161.014 asuntos, cunha media por órgano xudicial de 688,09. O dato é elocuente de por si; pero éo aínda máis se se ten en conta que a principio do devandito período, a cifra de expedientes en tramitación era de ata 151.029.

Dito doutro xeito: en tres meses rexistráronse 9.985 casos máis. O volume de traballo das instancias xudiciais galegas é certamente hercúleo. AOS 151.029 asuntos que estaban pendentes a inicios do terceiro trimestre de 2008, uníronse os 113.369 que entraron nas súas oficinas ao longo de xullo, agosto e setembro, unha media de 484,8 por órgano. Deles resolvéronse 101.002 expedientes, o que non evitou que ao final do período, como xa queda dito, permanecesen pendentes de resolución 161.014 asuntos. A taxa de pendencia (que é a ratio ou relación existente entre os asuntos pendentes e os resoltos), colócase en Galicia no 1,59. É a cuarta comunidade, por detrás de Castela-A Mancha (1,82), Murcia (1,67) e A Rioxa (1,60). A taxa de conxestión -que é a relación dos expedientes ao inicio e a suma dos que entran, sobre os que se resolven- está no 2,62 en Galicia.