O pasado mércores tivo lugar unha xuntanza entre o conselleiro de Facenda e representantes do sindicato. Na dita xuntanza o conselleiro comprometeuse á devolución en dous prazos da parte devindicada que estaba pendente da paga extra do 2012.
Para este efecto está orzamentada unha partida de 108 millóns e os pagamentos faríanse nas mensualidades de abril e de setembro e corresponden ao 50 % que aínda non se restituíra. Do mesmo xeito que sucedeu o ano pasado, a Xunta devolverá ese 50 % pendente en dous pagos: un 25 % coa nómina de abril, e o 25 % restante, na nómina de setembro .
O conselleiro de facenda comunicounos tamén que a partir de xaneiro do 2017 o persoal da xunta volverá a percibir íntegras as súas pagas extras que desde o ano 2013 estanse a cobrar sen o complemento especifico ou equivalente.
Comisións Obreiras ve «insuficiente» o compromiso da Xunta en canto ás pagas extras e denuncia que a Xunta volve a axustar os prazos dos pagos da extra co posible calendario electoral.
CCOO esixe o restablecemento «de todos os dereitos» económicos arrebatados ao persoal das Administracións públicas, xa que non está prevista a recuperación das extras recortadas entre os anos 2013 e 2016 —ambos inclusive—, nin tampouco outros dereitos como o referente á percepción íntegra dos salarios en casos de incapacidade temporal, entre outras cuestións.
Mostrando entradas con la etiqueta xunta. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta xunta. Mostrar todas las entradas