Convocatoria de cursos de prevención de riscos laborais nivel básico


22 jul 2024








Con data 22/07/2024 publicase no DOG a  Resolución  do 9 de xullo de 2024 pola que se convocan os cursos de prevención de riscos laborais nivel básico para persoal empregado público, traballadores/as por conta allea ou autónomos/as, empresarios/as e aquelas persoas con inquedanzas no ámbito da prevención de riscos laborais.

O prazo de presentación de solicitudes será do 19 ao 29 de agosto de 2024

 As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo desde as 9.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 23.55 horas da data de finalización. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.

Para ver a resolución completa , preme aquí