Ante a problemática xurdida coa circular informativa do Ministerio de xustiza, pola que se deixa sen efecto o teletraballo e tras una longa reunión co Director Xeral de Xustiza, ante imposibilidade de chegar a un acordo para un texto definitivo no día de hoxe que permitira continuar co traballo a distancia en Galicia:
Todas as organizacións sindicais decidimos conxuntamente (SPJ-USO,STAJ, Alternativas na Xustiza CUT, UGT, CSIF, CIG e CCOO) a petición do director Xeral presentar unha proposta de acordo a DXX que permita continuar coa situación que tíñamos ata agora en Galicia.
Con todo, démoslle de prazo ata o próximo día 13 de novembro para que nos traslade a súa conformidade coa proposta ou unha solución alternativa.
En Santiago de Compostela, a 8 de novembro de 2023
Asinado as OOSS