Publicada a Resolución da convocatoria en comisión de servizo de postos de traballo nos órganos de nova creación


11 mar 2021


 


 

 

Saíu publicada na intranet de xustiza a Resolución do 10 de marzo de 2021, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se resolve a convocatoria, en comisión de servizo, de postos de traballo nos órganos de nova creación entre funcionarios dos corpos e escalas ao servizo da Administración de xustiza, efectuada pola Resolución do 4 de febreiro de 2021. 

 As comisións de servizo adxudicadas comezarán o vindeiro día 31 de marzo de 2021, data na que está previsto que entren en funcionamento os novos órganos xudiciais da programación de 2020 no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

Todo o persoal funcionario seleccionado deberá incorporarse no órgano xudicial asignado o vindeiro día 31 de marzo de 2021.

Para ver a Resolución completa, preme aquí