Corrección de erros da publicación da resolución coas adxudicacións das últimas prazas ofertadas para a súa cobertura


8 oct. 2019






Saíu publicada, con data do 7 de outubro de 2019, a corrección de erros da resolución coas adxudicacións da última publicación de prazas ofertadas para a súa cobertura en substitución entre persoal titular ao servizo da Administración de xustiza en Galicia.

Poden consultar a información na resolución de adxudicación de postos.

Os correspondentes acordos de substitución entre titulares serán enviados por correo electrónico aos/ás adxudicatarios/as, sendo comunicados, á súa vez, aos superiores funcionais dos órganos de orixe e destino para o seu coñecemento.