Vacantes Galicia. Concurso de traslados 2017 (actualización)


24 abr 2017




A Dirección Xeral de Xustiza deunos traslado ás organizacións sindicais do cadro de vacantes dos corpos de Xestión, Tramitación e Auxilio Xudicial que sairan no concurso de traslados de 2017. Se sabedes dalgunha praza que non figure neste listado rogamos que nolo comuniquedes para solicitar a súa inclusión, no prazo de alegacións.

**ACTUALIZACIÓN**

A DXX acaba de remitirnos unha nova listaxe  actualizada, engadindo unha praza de auxilio no XDO.PR.INST.E INSTR. N. 1 ORDES.