Os secretarios xerais de CCOO, CIG e UGT
anunciaron esta mañá mobilizacións nas principais cidades e vilas do
país contra a represión sindical. Estas accións estarán apoiadas pola
Alianza Social Galega, que integra máis de sesenta organizacións.
![]() |
De esq. a der., José Antonio Gómez (UGT), Xosé M. Sánchez Aguión (CCOO) e Suso Seixo (CIG) |
CCOO, UGT e CIG denuncian que,
conforme se agravan as políticas de recorte e agresión contra os
dereitos das clases populares, asístese tamén á reiterada
criminalización da resposta social, especialmente a de carácter
sindical. Actualmente, numerosos traballadores e traballadoras en todo o
estado, tamén en Galicia, foron sometidas a xuízo, nalgúns casos con
condenas que implican o ingreso no cárcere.
Os sindicatos critican que mentres o poder actúa con dureza contra a clase traballadora, a Fiscalía e os tribunais manteñen unha actitude de total pasividade diante dos empresarios e empresarias que ameazan, coaccionan e vulneran todos os días os dereitos dos seus empregados e empregadas. Para CCOO, CIG e UGT, o Goberno do PP é o culpable desta situación e chamarán a toda a clase traballadora e o pobo galego a responder contra esta inxustiza.