A Plataforma “XUSTIZA PARA TODOS” (integrada por CCOO e o resto de
sindicatos representativos da Administración de Xustiza, o Consello Xeral da
Avogacía e o Consello de Consumidores e Usuarios) solicitara á Valedora do pobo e aos grupos parlamentarios que
presentaran recurso de inconstitucionalidade contra a Lei de Taxas Xudiciais
Para CCOO a
rectificación anunciada é claramente insuficiente pero demostra que a mobilización é o único camiño para obrigar a rectificar
a este goberno
Gallardón, un ministro que non se caracteriza polas súas
rectificacións, anunciou que rectificará e fará cambios na Lei de Taxas
Xudiciais que está en vigor dende o 17 de decembro (foi publicada
no BOE o 21 de novembro)
Concentracións ante os centros de traballo da Administración de Xustiza
e a manifestación estatal do pasado 19 de xaneiro, que culminou coa entrega de
centos de miles de firmas, recollidas entre os traballadores e traballadoras da
Administración de Xustiza e a cidadanía, foron o detonante para que Gallardón anunciase
onte a modificación dunha Lei en vigor.
A Plataforma “Xustiza Para Todos” dirixírase á Valedora do Pobo así como aos grupos parlamentarios
para que presentasen recurso de inconstitucionalidade contra esta lei porque
atenta ao dereito fundamental de defensa de millóns
de cidadáns.
A falta de coñecer o detalle do que se modificará da Lei de Taxas
Xudiciais, o anuncio de onte non é unha rectificación suficiente pois non
recolle as nosas esixencias, pero é a
demostración de que as agresivas e inaceptables políticas do Goberno contra os
dereitos da cidadanía poden cambiarse, se participa na mobilización a inmensa
maioría. Un exemplo evidente é que as mobilizacións da cidadanía,
obrigou ao Goberno a un cambio radical de postura e tomou en consideración
a ILP (un de cuxos principais impulsores foi CCOO) a favor da dación en pagamento, os alugueres sociais e a reforma da lei
hipotecaria.
Porque o ministro Gallardón non só pretende
vulnerar o dereito á tutela xudicial efectiva coa lei de Taxas, senón tamén
privatizar o servizo público da xustiza e eliminar miles de postos de traballo.
¡¡¡NON Á PRIVATIZACIÓN DOS REXISTROS CIVÍS!!!
¡¡¡NON Á PRIVATIZACIÓN DOS ACTOS DE COMUNICACIÓN!!!
¡¡¡NON Á ELIMINACIÓN DE MILES DE POSTOS DE TRABALLO NA ADMON. DE XUSTIZA!!!
ACUDE Á CONCENTRACIÓN DO DÍA 20 DE FEBREIRO ANTE AS PORTAS DOS CENTROS
DE TRABALLO