Comisións de servizo no IMELGA


3 oct 2011





A Dirección Xeral de Xustiza remitiunos a seguinte comunicación:


Comisións de servizo no IMELGA

No día de mañá abrirase un novo prazo polo que se amplía o de recepción de instancias para distintas comisións de servizo no IMELGA. O novo periodo de presentación é do 04/10/2011 ao 07/10/2011, debendo dirixir as peticións á Dirección Xeral de Xustiza.

A publicación farase na intranet xudicial, nos apartados “Actualidade“ dentro da pestana de “Médicos Forenses” e en “Comisións de Servizo” dentro de “RRHH”. Para unha mellor difusión, o anuncio tamén se publicará na páxina web da Dirección Xeral, no apartado adicado a concursos de traslados e provisión temporal.