Plan de choque no Rexistro Civil Central


17 jun 2010




CCOO esixe ao ministro de Xustiza a negociación na mesa sectorial do plan de choque para o Rexistro Civil Central




En relación co plan de choque para o Rexistro Civil Central do que onte informou o ministro de Xustiza, dende CCOO esixímoslle que todas as medidas que afecten ao Rexistro Civil Central sexan negociadas na mesa sectorial da Administración de Xustiza, xa que afectan ás condicións de traballo dos traballadores alí destinados, pois non é en absoluto suficiente a reunión que tivo lugar hai varios meses co Director Xeral de Modernización na que se nos informou dun plan para o Rexistro Civil Central pero non se concretou máis medidas que o proceso de dixitalización e o plan de reforzo.