Recoñecementos médicos


2 abr 2009


Abr02
Ampliación do prazo de inscrición para solicitar o recoñecemento médico

 

 

logo_dog_ No Diario Oficial de Galicia número 64, do 2 de abril, publícase a Resolución do 25 de marzo de 2009, da Secretaría Xeral da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se modifica a Resolución do 18 de febreiro de 2009, pola que se dá publicidade á campaña de vixilancia periódica da saúde para o ano 2009 no ámbito da Administración xeral da Xunta de Galicia.

 

Como consecuencia da dita modificación o prazo de inscrición rematará o día 30 de abril, agás persoal de nova incorporación e persoal que se incorpore ao traballo logo dunha ausencia prolongada por motivos de saúde.

 

Descarga:

- 06400D002P006.PDF