📢 CONVOCATORIA: COMITÉ DE SEGURIDADE E SAÚDE E MESA SECTORIAL DE XUSTIZA
Data: Martes, 10 de novembro de 2026
Lugar: Sala Colmeiro da EGAP
1️⃣ COMITÉ DE SEGURIDADE E SAÚDE (09:15 h - 11:00 h)
Orde do día:
Información sobre GAS RADÓN. Asistirá como convidado D. Alberto Ruano Raviña (Catedrático de Medicina Preventiva e Saúde Pública e Director do Laboratorio de Radón de Galicia).
Avaliación sobre a necesidade da realización de estudos psicosociais: TI de Ponteareas e TI de Vilagarcía de Arousa.
Información sobre actuacións e obras. (Nos próximos días remitirase a información de detalle das obras).
Rogos e preguntas.
2️⃣ MESA SECTORIAL DE XUSTIZA (A partir das 11:00 h)
Orde do día:
Orzamentos 2027: Información sobre a creación de novas prazas de persoal ao servizo da Administración de Xustiza en Galicia e modificación das RPT.
Implantación do sistema procesual ATENEA.
Convocatoria EXTRAORDINARIA de traxectoria profesional.
Calendario laboral 2027.
Acordo sobre actuacións conxuntas a adoptar na Administración de Xustiza por activación de protocolos de calquera tipo de acoso laboral estando afectada máis dunha Administración Pública.
Proposta de ampliación do período para gozar das vacacións e dos asuntos particulares 2026.
Comarcalización das seccións de VSM de Vigo, Pontevedra e Lugo: datas, medidas de persoal e medios materiais.
Gardas 24 h no IMELGA.
Rogos e preguntas.
Dende CCOO Xustiza seguiremos informando puntualmente de todas as cuestións que afecten ás condicións laborais do persoal da Administración de Xustiza.
