A Dirección Xeral de Xustiza informa a CCOO e ao resto de organizacións sindicais que o próximo día 02.02.2026 está prevista a publicación no DOG e no BOE da Resolución do 21 de xaneiro de 2026, da Dirección Xeral de Xustiza, da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, pola que se convoca, para a provisión, polo sistema de concurso específico, un posto de traballo do corpo de xestión procesual e administrativa.
O posto convocado é o posto XG92580002150366001.09 Xestión - Xefatura de equipo da Área Civil, Familia, CA e Social do SCT-TI de Ferrol.
