Hoxe publícase no DOG a ORDE do 24 de marzo de 2025 pola que se anuncia a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nesta consellería (código do posto PR.C99.10.006.32001.003).
Denominación do posto: secretario/a fiscal xefe provincial.
Código: PR.C99.10.006.32001.003.
Corpo ou escala: A1 (xeral)/TPA (tramitador procesual e administrativo).
Grupo/subgrupo: C1, C2.
Nivel: 20.
Tipo de adscrición: A13: adscrición indistinta a funcionarios da Xunta de Galicia, Estado,
CC.AA. e Administración de xustiza.
Formación específica: 640 para persoal doutra Administración, curso de perfeccionamento
de galego (R.I.).
Centro directivo ou dependencia: Unidade de Apoio á Fiscalía Superior (Ourense).
Localidade: Ourense