Novos avisos de desocupación de postos para a súa cobertura mediante o sistema de substitución entre titulares


12 sept 2024







Con data 12/09/2024 ,publicouse  na intranet de xustiza e na web da Consellería a Resolución da Dirección Xeral de Xustiza pola que se convocan postos para a súa provisión temporal mediante o sistema de substitución.


O prazo de presentación de solicitudes será de 3 días hábiles desde o día seguinte ao da publicación.


Todas as persoas solicitantes deberán completar obrigatoriamente a súa solicitude a través do formulario electrónico dispoñible na Oficina Virtual do Persoal da Administración de xustiza (OPAX), no sitio web opax.xunta.es


O persoal funcionario que na data da respectiva convocatoria estea a desempeñar un posto en comisión de servizos ou substitución poderá participar na dita convocatoria sempre que leve máis de seis meses na comisión de servizos ou substitución respectiva.

Para ver a Resolución completa, preme aquí