Nova oferta de prazas mediante o sistema de substitución entre titulares


13 jun 2024



Saíu publicada con data 13/06/2024 na intranet de xustiza e na páxina web da Consellería a Resolución da Dirección Xeral de Xustiza pola que se convocan postos para a súa provisión temporal mediante o sistema de substitución.


O prazo de presentación de solicitudes será de tres 3 días hábiles desde o día seguinte ao da publicación

Todas as persoas solicitantes deberán completar obrigatoriamente a súa solicitude a través do formulario electrónico dispoñible na Oficina Virtual do Persoal da Administración de xustiza (OPAX), no sitio web opax.xunta.es


O persoal funcionario que na data da respectiva convocatoria estea a desempeñar un posto en comisión de servizos ou substitución poderá participar na dita convocatoria sempre que leve máis de seis meses na comisión de servizos ou substitución respectiva.

 

Para ver a resolución completa, preme aquí