Fin ao teletraballo. Negociación xa!


30 oct 2023


 








O pasado venres o Ministerio decidiu poñer fin ao teletraballo na administración de Xustiza. Hoxe, a Dirección Xeral segue o seu camiño e prohibe de forma inmediata exercer un dereito consolidado noutros ámbitos como a administración autonómica e local.

A radicalidade e alevosía desta medida vai suponer graves prexuizos en materia de desprazamentos ou conciliación a centros de compañeiros e compañeiras, e máis con esa urxencia en aplicala, dende mañá mesmo.

Se se aduce unha falta de regulación específica poñámonos dende xa a negociar e traballar nunha nova regulación do teletraballo que permita reinstaurar este dereito, tal e como están a facer en Valencia, Aragón, Xunta ou concellos.

CCOO vai estar contra todo recorte de dereitos consolidados.