Mesa técnica 12 de Xaneiro: borrador orde de interinos
13 ene 2017
Arquivado en: bolsa de interinos, Interinos
Onte celebrouse en Santiago a primeira mesa técnica para iniciar a negociación dunha nova orde de interinos na que estivemos presentes CCOO e o resto das organización sindicais.
A DXX remitiunos un borrador o día anterior á reunión, polo que ante o pouco tempo material que tivemos para estudar e valorar os novos cambios propostos por parte da administración, fixouse unha mesa técnica para o vindeiro día 17 de xaneiro de 2017 para poder iniciar a negociación da nova orde.
Poñemos o borrador remitido pola DXX a vosa disposición para que nos fagades chegar as vosas propostas e/ou reivindicacións que consideredes oportunas a través dos nosos delegados.
Para ver a folla informativa, preme aqui
Para ver o borrador da orde, preme aqui
