Renovación do certificado dixital


18 nov 2014




A tarxeta de fichaxe Kronos, ademais de servir para vixiar os movementos deses chibos expiatorios chamados empregados públicos que pagaron os efectos da crise coas súas retribucións e perda de dereitos, serve tamén como acreditación dixital para diferentes trámites ante a administración (facenda, seguridades, social,...)
A caducidade do certificado implica, ademais de non poder empregalo ante a administración, a imposibilidade de utilización do sistema de fichaxe. A Xunta de Galicia, en lugar de encargar ao persoal de AMTEGA, unha entidade cun orzamento de 90 millóns de euros, a titorización de cada unha das tarxetas para a súa renovación presencial no posto de traballo por medio deste persoal, deixa ao funcionario de xustiza esa responsabilidade en exclusiva, ben no centro de traballo ou  ben en puntos habilitados, que tan só están dispoñibles nas grandes cidades.

Dende tres meses antes da caducidade todos os funcionarios recibirán unha comunicación no seu correo corporativo da necesidade da súa renovación. Tendo en conta que o correo corporativo xxxx@justicia.es é un servizo deficitario e para moitos funcionarios inútil polas súas poucas prestacións en comparación con outros como gmail, é moi posible que moitos traballadores non queden suficientemente informados.

Polo que dende CCOO demandamos que eses puntos habilitados (Puntos de acreditación dixital) se fagan en todos os partidos xudiciais, itinerantes e con datas concretas, e que sexan informados os funcionarios nos taboleiros dos xulgados con anticipación da súa posta en marcha

Aquí podedes descargar o escrito que CCOO remite á Dirección Xeral para que poña os medios para unha renovación ordenada e efectiva, en igualdade de condicións , para todos os traballadores e traballadoras


O certificado de empregado público, emitido  pola Fábrica Nacional de Moneda y Timbre (FNMT), ten unha vixencia inicial de 3 anos, polo que antes dese tempo cada empregado debe proceder á súa renovación.
É Importante lembrar que no caso de que o certificado de empregado público chegue a caducar o traballador non poderá acceder ou facer uso das aplicacións nas que sexa necesaria a súa utilización, como por exemplo o sistema de fichaxe en PC Kronos.

Como renovar o certificado?


Existen dúas alternativas ás que poden optarse para a obtención do novo certificado:

Renovación autoxestionada polo traballador dende o seu posto de traballo


Dende tres meses antes da data de caducidade do certificado, pódese renovar sen necesidade de persoarse nun punto de acreditación.
As instrucións laberínticas podedes visualizalas aquí:





Ou ben descargar o arquivo premendo aquí

Durante o procedemento de renovación autoxestionado necesitará acceder aos seguintes enlaces:

Renovación presencial

Se vostede presta servizos nunha sede xudicial na que exista un Punto de Acreditación Dixital (PAD), debe acudir ao seu PAD de referencia.
A medida que se establezan os PAD's de referencia, iránse incluindo na seguinte lista. Consulte o que lle corresponda:
SedeEnderezoUbicaciónDatas e horario de renovación de certificados
OurenseSecretaría da Audiencia Provincial de Ourense  (Anexo a biblioteca) - Plz. Concepcion ArenalPazo de xustiza 2ª plantaDo 03/11/2014 ata 12/11/2014 e do 05/01/2015 ata 04/03/2015 - Luns e Mércores de 10:00 a 14:00
Pontevedra (Audiencia)Calle Rosalía de Castro, 5 - 36001 - PontevedraOficina Fiscales - 3ª plantaDo 12/11/2014 ata 14/01/2015 Mércores de 10:00 a 14:00
Pontevedra (Xuzgados)C\Francisco Tomás y Valiente s/n, 36004Edificio A Parda, Entreplanta. Biblioteca do Decanato.Do 10/11/2014 ata 14/01/2015 Luns de 10:00 a 14:00
VigoXulgados de Vigo, Edificio Vello r/ Lalín , 4 – 36209Sala de Xuntas de Xuíces Planta 1 (acceso por Xdo. de Instancia nº1)Do 13/11/2014 ata 03/02/2015 Martes e Xoves de 10:00 a 14:00
Se presta servizos noutra  sede xudicial distinta, deberá achegarse á súa delegación mais próxima nos horarios antes indicados, ou contactar co CSU de Xustiza para concertar o momento e forma de proceder á renovación.
Para resolver calquera incidencia non contemplada no procedemento descrito, poderá dirixirse ao Centro de Servizos ao Usuario de Xustiza (CSU) no correo soporte.xustiza@xunta.es ou no telefono 981 546 223

E recorda, coidado co que fas, porque...